Sistema de Voice recognition
Que é o Voice recognition ?
A tecnoloxía de recoñecemento de voz executa o sistema segundo se lle ordene mediante o recoñecemento das súas ordes de voz para garantir o uso seguro do sistema multimedia mentres conduce. Lamentablemente, debido ás limitacións da tecnoloxía, non se recoñecen todas as ordes de voz. Para compensar estas limitacións, a pantalla mostra as ordes de voz dispoñibles.
Hai erros de comunicación entre as persoas. Do mesmo xeito, algunhas veces o sistema de recoñecemento de voz tampouco entende a súa voz. Se isto acontecese, comprobe na pantalla as opcións dispoñibles e repita a orde ou selecciónea manualmente e prema o botón da orde correspondente na pantalla.
Funcións de Voice recognition por idioma
A compatibilidade do recoñecemento de voz varía dependendo do idioma seleccionado no dispositivo.
Comprobe o idioma configurado actualmente no dispositivo antes de usar o sistema de recoñecemento de voz.
-
Se cambia o idioma do sistema a eslovaco, coreano, húngaro, esloveno, ucraíno, croata ou romanés, non poderá usar o recoñecemento de voz. Cambie o idioma do sistema a outro diferente.
-
Algúns comandos de navegación (Search address / Find POI / Find <POI category>) non son compatibles en portugués, polaco, sueco, turco, checo, danés, noruegués, grego e búlgaro. Cambie o idioma do sistema a outro compatible co uso destes comandos.
Usar as ordes de voz
A maior parte das funcións pódense executar por voz. Siga as instrucións que se describen a continuación para acadar un mellor funcionamento do recoñecemento de voz.
-
Peche todas as fiestras do coche e o teito solar. O rendemento do recoñecemento de voz pode mellorar se hai silencio no interior do vehículo.
-
Prema o botón de recoñecemento de voz e pronuncie a orde tras escoitar o asubío.
-
O micrófono colócase enriba do condutor para que poida dicir as ordes de voz nunha postura correcta.
-
Pronuncie as ordes de xeito natural e claro, como se fosen parte dunha conversa normal.
-
Os caracteres especiais dos nomes da axenda do teléfono non se teñen en conta. Por exemplo, John-Smith: John Smith
-
Os números dun enderezo ou os díxitos da axenda do teléfono deben pronunciarse de un en un. Por exemplo, S1234: South one two three four
-
Dependendo das especificacións, hai ordes que poderían non recoñecerse.
-
Prema brevemente [k] no control remoto do volante.
-
Diga a orde.
-
Para que o recoñecemento sexa axeitado, pronuncie as ordes despois das instrucións e do asubío.
-
Para máis información, consulte a sección “Voice recognition”.
Cando se pronuncie unha indicación, prema brevemente [k] no control remoto do volante.
A indicación ha acabar inmediatamente e ha soar un asubío. Tras o asubío, pronuncie a orde de voz que desexe.
Mentres o sistema está en espera, prema brevemente [k] no control remoto do volante.
O estado de espera da orde ha finalizar e oirase un asubío. Tras o “asubío”, pronuncie a orde de voz que desexe.
-
Cando o recoñecemento de voz estea activo, manteña premido [k] no control remoto do volante ou diga Exit.
-
Cando use o recoñecemento de voz, se preme algún botón que non estea no control remoto do volante ou calquera botón diferente da unidade principal, finalizará o recoñecemento de voz.
Cando o recoñecemento de voz estea activo, xire o botón i/VOL da unidade principal ou prema [O/P] no control remoto do volante.
-
Prema [k] no control remoto do volante. O sistema espera a súa orde e mostra unha listaxe de ordes dispoñibles na pantalla.
-
Despois das indicacións de voz e do asubío, diga FM.
Sobre a orde de voz Commands
-
Prema [k] no control remoto do volante.
-
Tras escoitar un bip despois da guía por voz, diga Commands. Aparecerán as ordes dispoñibles na pantalla.
-
Seleccione ou pronuncie unha das ordes mostradas na pantalla.
Listaxe de ordes de voz
As ordes de recoñecemento de voz divídense en “Ordes globais” e “Ordes locais”.
-
Ordes globais (●): son ordes que se poden utilizar inmediatamente despois de activar o recoñecemento de voz.
-
Ordes locais (□): son ordes que se poden usar en estados específicos do modo multimedia/navegación/Bluetooth.
Algunhas ordes globais e locais só funcionan correctamente se está conectado un dispositivo USB, Bluetooth ou doutro tipo.
-
Pode usar as ordes de voz relacionadas coas chamadas telefónicas despois de conectar o teléfono con Bluetooth.
-
Para chamar a unha persoa, por exemplo, John Smith cuxo nome está nos contactos, debe descargar primeiro os contactos do teléfono móbil. (Pódese descargar un máximo de 5 000 contactos do teléfono móbil).
-
Despois de descargar os contactos do teléfono con Bluetooth, é preciso algo de tempo para convertelos en datos de voz, polo que non poderá facer unha chamada indicando o nome de xeito inmediato. O tempo necesario para a conversión a datos de voz dependerá do número de contactos descargados.
Orde |
Operación |
|
● |
Call |
Os contactos descargados do teléfono móbil aparecen na pantalla e, a continuación, pode chamalos con só dicir o nome. |
● |
Call <John Smith> |
Pode chamar inmediatamente a (nome) se está nos contactos descargados do teléfono móbil. Por exemplo: Call <John Smith> |
● |
Call <John Smith> on Mobile |
Pode chamar inmediatamente a (nome) se está nos contactos descargados do móbil e gardado como “móbil”. |
● |
Call <John Smith> in Office |
Pode chamar inmediatamente a (nome) se está nos contactos descargados do móbil e gardado comao“traballo”. Por exemplo: Call <John Smith> in Office |
● |
Call <John Smith> at Home |
Pode chamar inmediatamente a (nome) se está nos contactos descargados do móbil e gardado como “casa”. Por exemplo: Call <John Smith> at Home |
● |
Call <John Smith> on Other |
Pode chamar inmediatamente a (nome) se está nos contactos descargados do móbil e gardado nunha categoría que non sexa nin “móbil”, “casa” ou “traballo”. Por exemplo: Call <John Smith> on Other |
● |
Dial number |
Mostra a pantalla de marcado dos números, á que lle pode dicir o número de teléfono. |
● |
Dial <Phone #> |
Pode facer unha chamada dicindo directamente o número ao que quere chamar. Por exemplo: marcar 123-456-7890: “marcar un dous tres catro cinco seis sete oito nove cero” |
● |
Change Bluetooth Device |
Pode desconectar o dispositivo Bluetooth conectado e conectarse a outros dispositivos Bluetooth emparellados. |
Orde |
Operación |
|
● |
Radio |
Executa a radio entre as emisoras escoitadas recentemente en FM, AM e DAB. |
● |
DAB/FM |
Executa a radio DAB (se tiver)/FM. |
● |
AM |
Executa a radio AM. |
Antes de usar as ordes multimedia, comprobe os seguintes puntos:
-
Se non hai ningún soporte multimedia conectado ou non hai ficheiros reproducibles nos soportes cando usa as ordes multimedia, unha mensaxe de voz indicaralle que non están dispoñibles nese momento.
-
Se repite o nome do soporte multimedia que se está a reproducir, continuarase reproducindo ese soporte. Por exemplo: dicir USB cando o contido do USB se está a reproducir.
Orde |
Operación |
|
● |
Music |
Reproduce o ficheiro de música que se executou recentemente. |
● |
USB |
Reproduce ou mostra un ficheiro do USB conectado nese momento. |
● |
Bluetooth audio |
Reproduce un ficheiro de música do teléfono móbil con Bluetooth que estea conectado. Podería non ser compatible atendendo ás condicións da conexión Bluetooth. |
● |
USB music |
Reproduce un ficheiro de música da unidade USB que está conectada na parte de diante. |
As ordes globais sempre están dispoñibles. Por exemplo: Bluetooth audio.
Comprobe o seguinte antes de usar as ordes de navegación:
-
Busque e atope enderezos situados no estado ou provincia no que se localice o vehículo. Se quere buscar noutro estado, diga o nome do estado ou provincia e o enderezo en cuestión.
A orde Search address está clasificada por estados ou provincias para prestarlle un servizo máis rápido.
-
Algunhas ordes, como Cancel route, só están dispoñibles cando hai un destino configurado.
Orde |
Operación |
|
● |
Search address |
Busca o enderezo e configúraaocomo destino. Se desexa buscar un enderezo, diga “Cidade > Rúa > Número” (nesa orde, sen o país). Por exemplo: Vigo, Pizarro, 17 (un sete) |
● |
Find POI |
Busca os puntos de interese máis próximos á súa localización. Despois desta orde, pode buscar o nome dunha localización seguindo as indicacións paso a paso. |
● |
Find <POI category> |
Busca a <Categoría> máis próxima á súa localización. Se desexa obter información polo miúdo sobre “Categoría”, consulte a sección da listaxe de “Listaxe Find <POI category>”. |
● |
Map |
Vai á posición actual do mapa de navegación. |
● |
Previous destination |
Mostra unha listaxe de destinos recentes aos que volver indicando o número da listaxe. |
● |
Traffic information |
Accede á pantalla do menú Información de tráfico. |
● |
Go Home |
Configura como destino a súa casa. O enderezo da túa casa debe estar configurado no sistema de navegación. |
● |
Go to Office |
Configura como destino o seu traballo. O enderezo do seu traballo debe estar configurado no sistema de navegación. |
● |
Stop guidance |
Detén a ruta ao destino configurado. |
● |
Resume guidance |
Retoma as indicacións de ruta cara ao destino que configurou. |
● |
Destination Information |
Indica o tempo e a distancia restantes para chegar ao seu destino. |
● |
Route options |
Reinicia a ruta ata o seu destino. Despois pode seleccionar “rápida” ou “curta”. |
● |
Route overview |
Mostra un mapa da ruta completa ata o seu destino. |
Orde |
Operación |
|
● |
Commands |
Accede á pantalla de axuda do recoñecemento de voz. Nela pódense identificar e usar todas as ordes dispoñibles. |
□ |
Yes/No |
Co recoñecemento de voz activo, esta orde serve para contestar unha pregunta que require confirmación. |
□ |
Line 1~4 (One - Four) |
Cando non pode seleccionar un nome determinado, por exemplo, no historial de chamadas, pode usar o número da liña na que estea. Pode recoñecer números simples, como “un” ou “dous”. |
□ |
Next/Previous |
Se se enumeran cinco ou máis elementos na busca, pode avanzar á páxina anterior ou seguinte empregando unha orde de voz. |
□ |
Manual input |
Cando se mostran os resultados de chamada ou destino, esta orde serve para facer unha procura manual e non mediante unha orde de voz. O recoñecemento de voz detense ao empregar esta orde. |
□ |
Go back |
Volve á pantalla anterior. |
● |
Exit |
Finaliza o recoñecemento de voz. |
Listaxe Find <POI category>
Os nomes de localizacións dispoñibles no sistema poden mudar despois dunha actualización de software.
Emerxencias |
||
Hospitals |
Medical services |
Pharmacies |
Police stations |
Estacións de carga |
||
Filling stations |
Restaurante |
||
Balkan restaurants |
French restaurants |
Korean restaurants |
Bars and pubs |
German restaurants |
Spanish restaurants |
Coffee shops |
International restaurants |
Steak houses |
Chinese restaurants |
Italian restaurants |
|
Fast food |
Japanese restaurants |
Aloxamento |
||
Accommodation |
Transporte |
||
Airport |
Rental car agency |
Railway stations |
Bus stations |
Ferry terminals |
Viaxes |
||
Border crossings |
Rest areas |
Tourist information |
Aparcadoiro |
||
Park and ride |
Garage parking |
Open parking areas |
Compañías e espazos públicos |
||
Cemeteries |
Community centres |
Post offices |
City halls |
Exhibition/conference centres |
Schools |
Business facilities |
Industrial zones |
Universities and colleges |
Recreación e atraccións |
||
Amusement parks |
Ice skating rinks |
Ski resorts |
City centres |
Marinas |
Sports centres |
Golf courses |
Museums |
Tourist attraction |
Historical monuments |
Recreation facilities |
Compras |
||
Grocery stores |
Shopping centres |
Wineries |
Banco |
||
Bank |
Lecer |
||
Bowling centres |
Cinemas |
Nightlife |
Casinos |
Theatres |
Servizo de Hyundai |
||
Hyundai service |
Hyundai dealers |