REFERENCIA

Información xeral

Sobre o USB

Conecte o dispositivo USB despois de acender o motor. O dispositivo USB podería sufrir danos se se conecta antes de arrancar o coche.

  • Só se reproducirán ficheiros con formato estándar.

  • No caso dos ficheiros MP3/WMA, só se poden reproducir ficheiros de música con taxas de compresión de entre 8 Kbps e 320 Kbps.

  • Debe adoptar precaucións con respecto á electricidade estática ao conectar ou desconectar dispositivos USB externos.

  • Os reprodutores MP3 codificados non se recoñecerán cando se conecten como dispositivos externos.

  • Cando conecte un dispositivo USB externo, en certas condicións o dispositivo podería non recoñecer correctamente o USB.

  • Son compatibles os dispositivos USB formatados como FAT16/32, exFAT e NTFS.

  • É posible que non poida usar algunhas memorias USB por problemas de compatibilidade.

  • Evite o contacto entre o conector USB e partes do corpo ou obxectos alleos.

  • Conectar e desconectar os dispositivos USB repetidamente nun período de tempo curto podería causar un mal funcionamento do produto.

  • Insira o dispositivo USB despois de acender o coche. Se acende o coche co dispositivo USB inserido, podería danar o dispositivo USB.

  • A cantidade de tempo necesaria para recoñecer o dispositivo USB externo pode diferir dependendo do tipo, tamaño e formato dos ficheiros gardados no USB. Estas diferenzas no tempo requirido non indican un mal funcionamento.

  • O dispositivo podería non recoñecer o dispositivo USB de usar concentradores USB ou cables prolongadores mercados por separado. Conecte o USB directamente no terminal multimedia do vehículo.

  • Cando se instalen programas de aplicacións para USB específicos, os ficheiros poderían non reproducirse correctamente.

  • O dispositivo podería non funcionar con normalidade se hai reprodutores MP3, teléfonos móbiles, cámaras dixitais ou outros aparellos electrónicos (dispositivos USB non recoñecidos como unidades de disco portátil) conectados ao dito dispositivo.

  • A carga a través do USB podería non funcionar nalgúns dispositivos móbiles.

  • O dispositivo podería non funcionar con normalidade se se usa un tipo de memoria USB que non sexa una memoria USB con cuberta metálica.

  • O dispositivo podería non funcionar con normalidade se se usan formatos como discos duros, así como memorias CF ou SD.

  • O dispositivo non será compatible con ficheiros bloqueados por DRM (xestión de dereitos dixitais).

  • Ë posible que non se recoñezan correctamente as memorias USB que se utilicen ao conectar un adaptador (tipo SD ou tipo CF).

Información dos ficheiros de música

  • Frecuencia de mostra: 8 ~ 48 KHz (MP3), 22,5 ~ 48 KHz (WMA), 8 ~ 48 KHz (FLAC)

  • Taxa de bits: 8 ~ 320 Kbps (MP3), 20 ~ 128 Kbps (WMA), 8 Kbps ~ 4 Mbps (FLAC)

  • Versión de WMA: v2, v7, v8, v9

  • Versión de MP3: MPEG 1/2/2,5 Layer 3

  • Formato de ficheiro reproducible: “.mp3”/ “.wma”/ “.flac”

Información dos ficheiros de vídeo

  • Resolución de vídeo: 1280 x 720 píxeles 30 fps (MPEG-1), 720 x 576p 25 fps (H.263), 1280 x 720 30 fps (H.263), 1280 x 720 píxeles (outros)

  • Formato de ficheiro reproducible: “.avi”, “.mpg”, “.mpeg”, “.mp4”.

  • Formado de subtítulo: “.smi”,“.srt”

  • Códec de vídeo: «MPEG-1», «MPEG-2 perfil simple; nivel principal», «MPEG-2 perfil principal; nivel baixo, principal, alto», «VC-1», «AVC», «H.263 perfil 0, perfil 3», «MPEG4 v3»

  • Códec de audio: “MP3”, “WMA”, “AAC”

  • Se os nomes dos ficheiros de vídeo e de subtítulos son diferentes, é posible que non se mostren os subtítulos.

Dispositivos iPhone compatibles:

  • as series de iPhone máis recentes

  • iPhone 13 mini, iPhone 13, iPhone 13 Pro, iPhone 13 Pro Max

  • iPhone 12 Mini, iPhone 12, iPhone 12 Pro, iPhone 12 Pro Max

  • iPhone 11, iPhone 11 Pro, iPhone 11 Pro Max

  • iPhone XR, iPhone XS, iPhone XS Max

  • iPhone X

  • iPhone 8, iPhone 8 Plus

  • iPhone 7, iPhone 7 Plus

  • iPhone SE

  • iPhone 6, iPhone 6 Plus, iPhone 6s, iPhone 6s Plus

  • iPhone 5c, iPhone 5s, iPhone 5