Configuración

General

Version info/Update

Pode ver a versión de software, a versión de firmware, a versión da aplicación de navegación, a versión do mapa e a identificación do dispositivo.

Pode que algunhas funcións e imaxes difiran con respecto ao produto real dependendo do modelo, opción e país.

Prema SETUP > General > Version info/Update.

Update

Para gozar dunha maior seguridade do software do sistema, dun software mellorado, das funcións engadidas recentemente e dos últimos mapas do sistema, necesita unha actualización. Pode que algunhas funcións e imaxes difiran con respecto ao produto real dependendo do modelo, opción e país.

  1. Prema SETUP > General > Version info/Update.

  2. Após inserir o USB co ficheiro de actualización, prema Update. Unha vez finalizada a actualización, o sistema reiniciarase automaticamente.

  • Cómpre actualizar con regularidade este produto para realizar correccións de software, instalar novas funcionalidades e actualizar os mapas. Dependendo do tamaño do ficheiro de datos, a actualización pode durar até unha hora.

  • Desconectar a alimentación ou retirar o USB durante o proceso de actualización pode provocar perdas de datos. Asegúrese de manter o coche aceso cando se estea a realizar unha actualización.

  • As pantallas mostradas neste manual poden diferir con respecto ás pantallas reais do produto.

  • O deseño e as especificacións deste produto poden sufrir cambios sen notificación previa por melloras do produto.

System info

Memory

Pode comprobar o espazo de memoria para as notas de voz (espazo de almacenamento total, espazo de memoria utilizado, espazo de memoria restante).

Prema SETUP > General > System info > Memory.

Cando o almacenamento estea cheo, consulte a sección “Eliminar Voice memo”.

Manual web

Este menú utilízase para ver o manual web.

  1. Prema SETUP > General > System info > Manual.

  2. Escanee o código QR do seu dispositivo móbil. Manteña o brillo da pantalla e evite cegamentos para escanear correctamente.

What's new

Pode acceder ao historial de actualizacións. Se nunca se actualizou o software, este menú non se amosa.

Prema SETUP > General > System info > What's new.

Modem information (se tiver)

Pode comprobar a información do módem.

Prema SETUP > General > System info > Modem information.

Date/Time

Este menú describe a configuración de data e reloxo.

  1. Prema SETUP > General > Date/Time.

  2. Prema os elementos desexados.

    • Auto time setting (se tiver): axusta a hora automaticamente baseándose na localización actual do vehículo.

    • Time format: cambia entre formato de 12 e 24 horas.

    • Daylight saving time: activa ou desactiva o horario de verán. Cando se activa o horario de verán, o reloxo adiántase unha hora.

  • Se a función Auto time setting está desconectada, pode axustar a hora manualmente.

  • Auto time setting só está dispoñible cando a navegación é compatible.

Language

Este menú utilízase para configurar o idioma do sistema.

  1. Prema SETUP > General > Language.

  2. Seleccione o idioma desexado.

Keyboard

Este menú utilízase para configurar o deseño do teclado de cada idioma.

  1. Prema SETUP > General > Keyboard.

  2. Seleccione o tipo de teclado.

    • Latin keyboard type: selecciona QWERTY, QWERTZ, AZERTY ou ABCD.

    • Cyrillic keyboard type: selecciona ЙЦYKEH 1, ЙЦYKEH 2, УЕИШЩК, ЯШЕРТЫ, ЯВЕРТЪ ou AБBГ.

    • Korean keyboard type: selecciona 쿼티 ou ㄱㄴㄷㄹ.

    • Default keyboard: selecciona Latin keyboard type, Cyrillic keyboard type, Greek keyboard ou Korean keyboard type.

Units

Este menú utilízase para configurar as unidades que se empregan no sistema.

  1. Prema SETUP > General > Units.

  2. Seleccione as unidades.

Media settings

Este menú utilízase para configurar as unidades que se empregan no sistema.

  1. Prema SETUP > General > Media settings.

  2. Configura a información das opcións de configuración multimedia.

    • Radio/Media Off at vehicle start-up: a radio/multimedia apáganse cando se apaga o vehículo e non se reinician ao volver a arrancar o vehículo.

    • Maintain media playback when vehicle is turned Off: o sistema de infoentretemento fica activado cando se apaga o vehículo. O sistema apagarase automaticamente despois de que o condutor saia do vehículo ou despois dun determinado período de tempo.

    • Display media change notifications: móstrase a notificación emerxente da información multimedia cando cambia o contido (agás cando se está mostrando a pantalla multimedia). Porén, ao cambiar de pista premendo a tecla sempre se mostrará a información multimedia.

Default

Este menú utilízase para restablecer os axustes feitos polo usuario.

  1. Prema SETUP > General > Default.

  2. Pode restablecer o perfil actual ou o sistema completo. Seleccione o elemento desexado e prema Default > Yes.