Teléfono

Facer unha chamada telefónica

Facer chamadas telefónicas introducindo o número

  1. Prema [G] na pantalla e introduza o número de teléfono.
  2. Prema [U] na pantalla.

Tamén pode premer o botón [W] no control remoto do volante.

  1. Chama o número de teléfono introducido.

,Nota

  • No caso trabucarse co número, prema [N] para borrar os díxitos un a un.
  • Manteña premido [N] para eliminar todos os números introducidos.
  • Manteña premido o número [0], "+" introdúcese na xanela de entrada do número.
  • A chamada será posible introducindo só unha parte do número de teléfono.

Facer unha chamada telefónica mediante marcación rápida

Manteña premido o número de marcación rápida rexistrado na pantalla de marcación do teléfono.

Por exemplo, se é o 8, manteña premido o 8.

Por exemplo, se é 12, prema o 1 brevemente e despois manteña premido o 2.

,Nota

Algúns modelos de teléfono móbil non son compatibles con esta característica.

Facer unha chamada telefónica mediante a opción rechamada

  1. Na pantalla de chamada en espera (sen introducir ningún número), manteña premido [U] na pantalla de marcación..

Tamén pode manter premido o botón [W] no control remoto do volante.

  1. Chama o último número de teléfono marcado.

,Nota

  • A rechamada non está dispoñible se non se fixo unha chamada ou se o teléfono con Bluetooth non está conectado.
  • Prema [U] brevemente na pantalla de marcación e introducirase o último numero de teléfono marcado na xanela de entrada de número.

Contestar chamadas telefónicas

Contestar chamadas telefónicas

  1. Para contestar unha chamada entrante, prema [Accept] na pantalla.

08_PHONE_02_MAKE_01_POP_ENG.png

  1. Collerase a chamada.

Rexeitar chamadas telefónicas

  1. Para rexeitar unha chamada entrante, prema [Reject] na pantalla.

08_PHONE_02_MAKE_01_POP_ENG.png

  1. A chamada rexeitarase.

,Nota

Algúns modelos de teléfono móbil non son compatibles con esta característica.

Responder unha chamada entrante cunha mensaxe de texto

  1. Para responder unha chamada entrante cunha mensaxe de texto, prema [Message] na pantalla.

08_PHONE_02_MAKE_01_POP_ENG.png

  1. Seleccione a mensaxe desexada.

08_PHONE_02_MAKE_03_TEXT_ENG.png

  1. Prema [Send].

,Nota

Algúns modelos de teléfono móbil non son compatibles con esta característica.

Cambio de chamadas ao teléfono móbil/mans libres

Cambia as chamadas ao teléfono móbil do mans libres e viceversa.

  1. Durante unha chamada, prema [Use private] na pantalla.

08_PHONE_03_MODE_01_HANDS_ENG.png

  1. Mostrarase o modo privado na pantalla.

08_PHONE_03_MODE_02_PRIVATE_ENG.png

  1. Para cambiar a modo chamada con mans libres, prema [Use hands-free] na pantalla.

Colgar unha chamada

  1. Prema [End] na pantalla durante unha chamada.

08_PHONE_03_MODE_01_HANDS_ENG.png

  1. A chamada finalizará.

,Nota

  • Para cortar o son que se lle transmite ao interlocutor durante unha conversa telefónica, prema [Mic off].
  • Para controlar o volume do micro durante a conversa telefónica, prema [Mic volume].
  • Para abrir as teclas de chamada durante unha conversa telefónica, prema [Keypad].