Primeiros pasos na navegación
Precaucións para unha condución segura
Restricións no uso da navegación
Atenda e respecte as normas de tráfico e o código de circulación.
- Pola súa seguridade, hai funcións que non se poden utilizar durante a condución. Desactivaranse as funcións que non poidan usarse.
- A ruta mostrada como indicación ao destino só é unha referencia que o levará ás proximidades do seu destino. A ruta destacada non é sempre a ruta máis curta, a menos conxestionada e, nalgúns casos, pode que non sexa a ruta máis rápida.
- Pode que a estrada, os nomes e a información dos POI non estean sempre actualizados. Pode que algúns lugares carezan de información actualizada.
- A marca da posición do vehículo non sempre indica a localización exacta. Este sistema utiliza información por GPS, distintos sensores e datos de mapas de estradas para indicar a posición actual. Porén, poden producirse erros de visualización da súa localización se o satélite transmite sinais incorrectas ou se se reciben sinais de dous satélites ou menos. Os erros que se produzan neses casos non se poden corrixir.
- Pode que a posición do vehículo no sistema de navegación difira con respecto á posición exacta por varios motivos: o estado de transmisión do satélite, o estado do vehículo (localización e condicións da condución) etc.. Alén diso, a marca de posición do coche pode diferir con respecto á posición real se os datos do mapa son diferentes á propia estrada debido a modificacións do trazo ou á construción de novas estradas. Neste caso, abonda con conducir durante un breve período de tempo para que se corrixa automaticamente a posición do vehículo a través da correspondencia de mapas ou a información de GPS.
Que é o GNSS?
O GNSS(Global Navigation Satellite System - Sistema Global de Navegación por Satélite) é un sistema de navegación por satélite constituído por 32 satélites situados en órbita polo Global Positioning System (GPS) dos EUA, GLONASS de Rusia etc.
O GNSS funciona á marxe das condicións meteorolóxicas, en calquera parte do mundo, as 24 horas do día.
Non hai custes de subscrición ou tarifas de establecemento para o uso do GNSS.
Sobre os sinais dos satélites
A súa unidade principal debe recibir sinais de satélite para funcionar.
Se está nun interior, preto de edificios ou árbores altos, ou nun aparcadoiro subterráneo,é posible que a unidade principal non reciba os sinais dos satélites.
Recepción dos sinais dos satélites
Antes de que a unidade principal poida determinar a súa posición actual e navegar por unha ruta, deberá dar estes pasos:
- Vaia a unha zona exterior sen obstáculos altos.
- Acenda a unidade principal. Pode que a adquisición dos sinais de satélite se demore uns minutos.