Blue Link (se tiver)

Blue Link

A función Blue Link é compatible con vehículos adquiridos na UE. Esta función non ten relación co modelo do vehículo.

Antes de usar Blue Link

Que é Blue Link?

O servizo telemático de Blue Link ofrece asistencia en seguridade, diagnóstico e control remoto e, ademais, proporciona unha experiencia de condución máis cómoda a través da conexión por smartphone baseada no sistema de TI máis avanzado.

Goce dunha condución máis intelixente con Blue Link.

Sobre a transmisión e recepción da sinal sen fíos

O servizo pode verse limitado en función da contorna da rede de comunicación móbil que opera o provedor de servizos de comunicación móbil.

É posible que a conexión do servizo ou a transmisión/recepción de datos sen fíos se vexa afectada nas seguintes localizacións:

Menú de Blue Link

As funcións de Blue Link están dispoñibles previa subscrición.

O uso de Blue Link pode comportar custos adicionais.

As funcións dispoñibles poden variar en función do plan de subscrición.

  1. Prema [Blue Link] na pantalla de inicio.

03_CS_00_MAIN_ENG.png

  1. Seleccione o elemento desexado.

Busca local por voz

Que é a busca local por voz?

Con Blue Link, pode buscar os nomes de lugares que fornece HERE coa voz.

Este servizo só está dispoñible cando está conectado a unha rede de comunicación.

Iniciar a busca local por voz

  1. Prema o botón de recoñecemento de voz no control remoto do volante.
  2. Diga "Buscar enderezo", ou "Encontrar POI". Accede á pantalla de busca local por voz.

03_CS_01_VLS_ENG.png

,Nota

  • Esta función só está dispoñible en inglés, alemán, francés, castelán, italiano e holandés.
  • No caso de que o idioma actual non admita esta función, cambie o idioma do sistema a un destes.

Meteoroloxía

Proporciona en tempo real a información meteorolóxica do lugar de localización actual do vehículo e do destino.

Comprobación da meteoroloxía actual

Proporciona información meteorolóxica en vivo na pantalla.

Prema [Blue Link] > [Weather] na pantalla de inicio.

03_CS_02_WEATHER(1)_ENG.png

Comprobación do prognóstico diario

Proporciona información meteorolóxica en tempo real para hoxe/mañá/pasadomañá.

Prema [Blue Link] > [Weather] > [Forecast] na pantalla de inicio.

03_CS_02_WEATHER(2)_ENG.png

Diagnóstico do vehículo

Só dispoñible cando o vehículo estea en funcionamento.

A función de diagnóstico do vehículo realiza automaticamente diagnósticos do vehículo cando se acende unha luz de advertencia no cadro de mandos e mostra ao condutor información detallada na pantalla sobre o mal funcionamento do vehículo.

  1. Prema [Blue Link] > [Vehicle diagnostics] na pantalla de inicio.

03_CS_03_DIAG_ENG.png

  1. Prema [Close] para pechar a pantalla.

Configuración de Blue Link

Activación do servizo (cando o servizo non estiver activado)

Despois de mercar un coche, terá que activar (rexistrarse) en Blue Link para facer uso das funcións de Blue Link.

  1. Prema [Blue Link] > [Blue Link settings] > [Activate Blue Link] na pantalla de inicio.

03_CS_04_SET_01_ACT_ENG.png

  1. Prema [Activate].

,Nota

  • A activación pode demorarse ata cinco minutos.
  • Non apague o motor mentres se realiza a activación.
  • En caso de erro na activación, contacte co seu concesionario autorizado.
  • Durante a activación do servizo, as teclas da unidade principal non funcionan.

Activación do servizo (cando o servizo estiver caducado)

Non é posible acceder ás funcións de Blue Link unha vez caduca o período de servizos.

Información do módem

Esta función utilízase para mostrar a información do módem IMEI.

Prema [Blue Link] > [Blue Link settings] > [Modem information] na pantalla de inicio.

03_CS_04_SET_02_MODEM_ENG.png