Conexión do teléfono
Bluetooth
Este menú describe a configuración do teléfono Bluetooth.
Conexións Bluetooth
Este menú utilízase para emparellar e conectar a unidade principal e o teléfono Bluetooth.
Prema [SETUP] > [Phone connection] > [Bluetooth] > [Bluetooth connections].
|
1 Listaxe de dispositivos emparellados
Mostra a listaxe de dispositivos Bluetooth emparellados. Ao seleccionar un dispositivo da listaxe, este conéctase ou desconéctase.
2 Estado da conexión do sistema de mans libres e o audio Bluetooth
Aparece unha icona cando establece una conexión do sistema de mans libres e o audio Bluetooth.
3 [Add new]
Rexistra un novo dispositivo Bluetooth.
4 [Delete devices]
Desprázase ao menú [Delete devices].
Pode revisar as mensaxes de notificación.
Prema [SETUP] > [Phone connection] > [Bluetooth] > [Message notification]. Marque para ver as mensaxes emerxentes de notificación das mensaxes recibidas.
|
Mensaxes predefinidas
Pode revisar as mensaxes xa rexistradas.
- Prema [SETUP] > [Phone connection] > [Bluetooth] > [Predefined messages].
|
- Pode seleccionar a mensaxe desexada en [Text message replies] ou [Replies to rejected calls].
Modo privacidade
Pode configurar o modo privacidade para protexer os seus datos persoais. Os contactos, o historial de chamadas, os favoritos e as mensaxes non se mostran cando se activa o modo privacidade.
- Prema [SETUP] > [Phone connection] > [Bluetooth] > [Privacy mode].
|
- Marque [Privacy mode].
Información do sistema Bluetooth
Nome do vehículo
Pode cambiar o nome do dispositivo Bluetooth do vehículo.
- Prema [SETUP] > [Phone connection] > [Bluetooth] > [Bluetooth system info] > [Vehicle name].
|
- Escriba o nome desexado co teclado e prema [OK].
,Nota |
O nome predeterminado do vehículo é o nome do vehículo que vostede adquiriu. |
Chave de paso
Pode cambiar a chave de paso utilizada para autenticar o dispositivo Bluetooth.
- Prema [SETUP] > [Phone connection] > [Bluetooth] > [Bluetooth system info] > [Passkey].
|
- Escriba a chave de paso co teclado.
,Nota |
A chave de paso é un código de autenticación de 4 díxitos utilizado para conectar o Bluetooth entre o teléfono móbil e o sistema do coche. A chave de paso predeterminada é 0000. |
Por defecto
Este menú utilízase para restablecer a configuración de fábrica do Bluetooth.
Prema [SETUP] > [Phone connection] > [Bluetooth] > [Reset] > [Yes].
Proxección do teléfono
Neste menú pódese activar Android Auto e Apple CarPlay poñendo unha marca de verificación.
- Prema [SETUP] > [Phone connection].
|
- Prema os elementos desexados.
- [Android Auto]: se selecciona [Enable Android Auto], poderá usar as funcións do seu dispositivo Android cun cable USB conectado.
- [Apple CarPlay]: se selecciona [Enable Apple CarPlay], poderá usar as funcións do seu iPhone cun cable USB conectado.
-
: Seleccione a pantalla de Apple CarPlay que se axuste á localización do volante.