Sistema de recoñecemento de voz
Que é o recoñecemento de voz?
A tecnoloxía de recoñecemento de voz executa o sistema segundo se lle ordene mediante o recoñecemento das súas ordes de voz para garantir o uso seguro do sistema multimedia mentres conduce. Lamentablemente, debido ás limitacións da tecnoloxía, non se recoñecen todas as ordes de voz. Para compensar estas limitacións, a pantalla mostra as ordes de voz dispoñibles.
Hai erros de comunicación entre as persoas. Do mesmo xeito, algunhas veces o sistema de recoñecemento de voz tampouco entende a súa voz. Se isto acontecese, comprobe na pantalla as opcións dispoñibles e repita a orde, ou selecciónea manualmente e prema o botón da orde correspondente na pantalla.
Funcións do recoñecemento de voz por idioma
A compatibilidade do recoñecemento de voz varía dependendo do idioma seleccionado no dispositivo.
Comprobe o idioma configurado actualmente no dispositivo antes de usar o sistema de recoñecemento de voz.
- Se cambia o idioma do dispositivo a eslovaco, esloveno, ucraíno, coreano ou húngaro non poderá usar o recoñecemento por voz. Cambie o idioma do sistema a outro diferente.
- As ordes de navegación distintas de “Buscar enderezo/Buscar POI/Buscar <Categoría>” son compatibles co grego, o portugués, o polaco, o sueco, o turco, o checo, o danés e o noruegués. Cambie o idioma do sistema a outro diferente.
Usar as ordes de voz
Condicións para o sistema de ordes de voz
A maior parte das funcións pódense executar por voz. Siga as instrucións que se describen a continuación para acadar un mellor funcionamento do recoñecemento de voz.
- Peche todas as fiestras do coche e o teito solar. O rendemento do recoñecemento de voz pode mellorar se hai silencio no interior do vehículo.
- Prema o botón de recoñecemento de voz e pronuncie a orde tras escoitar o asubío.
- O micrófono colócase enriba do condutor para poder dicir as ordes de voz nunha postura correcta.
- Pronuncie as ordes de xeito natural e claro, como se fosen parte dunha conversa normal.
- Os caracteres especiais dos nomes da axenda do teléfono non se teñen en conta. Por exemplo, Fran-Pena: “Fran Pena”
- Os números dun enderezo ou os díxitos da axenda do teléfono deben pronunciarse de un en un. Por exemplo, S1234: “Sur un dous tres catro”
- Dependendo das especificacións, hai ordes que poderían non recoñecerse.
Inicio do recoñecemento de voz
- Prema brevemente [
] no control remoto do volante.
- Diga a orde.
,Nota |
|
Omitir indicacións recorrentes
Cando se pronuncie unha indicación, prema brevemente [] no control remoto situado do volante.
A indicación ha acabar inmediatamente e ha soar un asubío. Tras o asubío, pronuncie a orde de voz que desexe.
Reiniciar o recoñecemento de voz
Mentres o sistema está en espera, prema brevemente [] no control remoto do volante.
O estado de espera da orde ha finalizar e hase oír un asubío. Tras o “asubío”, pronuncie a orde de voz que desexe.
Finalizar o recoñecemento de voz
- Cando o recoñecemento de voz estea activo, manteña premido [
] no control remoto do volante ou diga “saír”.
- Cando use o recoñecemento de voz, se preme calquera botón que non estea no control remoto do volante ou calquera botón diferente da unidade principal, ha finalizar o recoñecemento de voz.
Axustar o volume do recoñecemento de voz
Cando o recoñecemento de voz estea activo, xire a roda [VOL] da unidade principal ou prema [VOL+ / VOL-] no control remoto do volante.
Funcionamento básico das ordes de voz (configuración de FM)
- Prema [
] no control remoto do volante. O sistema espera a súa orde e mostra unha listaxe de ordes dispoñibles na pantalla.
|
- Cando oia un asubío despois das indicacións de voz, diga “FM”.
Sobre a orde de voz “Commands (Comandos)”
- Prema [
] no control remoto do volante.
- Cando oia un asubío despois das indicacións de voz, diga “Commands (Comandos)”. Aparecerán as ordes dispoñibles na pantalla.
|
Listaxe de ordes de voz
As ordes de recoñecemento de voz divídense en “Ordes globais” e “Ordes locais”.
- Ordes globais (●): son ordes que se poden usar inmediatamente despois de activar o recoñecemento de voz.
- Ordes locais (□): son ordes que se poden usar en estados específicos do modo multimedia/navegación/Bluetooth.
,Nota |
Algunhas ordes globais e locais só funcionan correctamente se está conectado un dispositivo USB, Bluetooth ou doutro tipo. |
Ordes do teléfono
- Pode usar as ordes de voz relacionadas coas chamadas telefónicas despois de conectar o teléfono con Bluetooth.
- Para chamar a unha persoa, por exemplo, “Chamar a <Fran Pena>” cuxo nome está nos contactos, debe descargar primeiro os contactos do teléfono móbil. (Pódese descargar un máximo de 5 000 contactos do teléfono móbil).
- Despois de descargar os contactos do teléfono con Bluetooth, é preciso algo de tempo para convertelos en datos de voz, polo que non poderá facer unha chamada indicando o nome de xeito inmediato. O tempo necesario para a conversión a datos de voz dependerá do número de contactos descargados.
Orde |
Operación |
|
● |
Chamar |
Os contactos descargados do teléfono móbil aparecen na pantalla e, a continuación, pode chamalos con só dicir o nome. |
● |
Chamar a <Nome> |
Pode chamar inmediatamente a (nome) se está nos contactos descargados do teléfono móbil. Por exemplo, “chamar a Fran Pena” |
● |
Chamar <Nome> ao móbil |
Pode chamar inmediatamente a (nome) se está nos contactos descargados do móbil e gardado como “Móbil”. |
● |
Chamar a <Nome> ao traballo |
Pode chamar inmediatamente a (nome) se está nos contactos descargados do móbil e gardado como “Traballo”. Por exemplo, “chamar a Fran Pena ao traballo” |
● |
Chamar a <Nome> á casa |
Pode chamar inmediatamente a (nome) se está nos contactos descargados do móbil e gardado como “Casa”. Por exemplo, “chamar a Fran Pena á casa” |
● |
Chamar a <Nome> outros |
Pode chamar inmediatamente a (nome) se está nos contactos descargados do móbil e gardado nunha categoría que non sexa “Móbil”, “Casa” nin “Traballo”. Por exemplo, “chamar a Fran Pena outros” |
● |
Marcar número |
Mostra a pantalla de marcado dos números, á que lle pode dicir o número de teléfono. |
● |
Marcar <número de teléfono> |
Pode facer unha chamada dicindo directamente o número ao que quere chamar. Por exemplo, marcar 123-456-7890: “marcar un dous tres catro cinco seis sete oito nove cero” |
● |
Cambiar dispositivo Bluetooth |
Mostra a pantalla de conexións Bluetooth. |
Ordes de radio
Orde |
Operación |
|
● |
Radio |
Executa as radios escoitadas recentemente entre DAB (se tiver)/FM e AM. |
● |
DAB (se tiver)/FM |
Executa a radio DAB (se tiver)/FM. |
● |
AM |
Executa a radio AM. |
Ordes multimedia
Comprobe o seguinte antes de usar as ordes multimedia:
- Se non hai ningún soporte multimedia conectado ou non hai ficheiros reproducibles nos soportes cando usa as ordes multimedia, unha mensaxe de voz indicaralle que non están dispoñibles nese momento.
- Se repite o nome do soporte multimedia que se está a reproducir, continuarase reproducindo ese soporte. Por exemplo: dicir “USB” cando o contido do USB se está a reproducir.
Orde |
Operación |
|
● |
Música |
Reproduce o ficheiro de música que se executou recentemente. |
● |
USB |
Reproduce ou mostra un ficheiro do USB conectado nese momento. |
● |
Audio Bluetooth |
Reproduce un ficheiro de música do teléfono móbil con Bluetooth que estea conectado. Podería non ser compatible atendendo ás condicións da conexión Bluetooth. |
● |
Música do USB (se tiver) |
Reproduce un ficheiro de música do USB conectado na parte dianteira. |
Ordes de audio Bluetooth
As ordes globais sempre están dispoñibles. Por exemplo: “audio Bluetooth”.
Ordes de navegación
Comprobe o seguinte antes de usar as ordes de navegación:
- Busque e atope enderezos situados no estado ou provincia no que se localice o vehículo. Se quere buscar noutro estado, diga o nome do estado ou provincia e o enderezo en cuestión. A orde “Buscar enderezo” está clasificada por estados ou provincias para prestarlle un servizo máis rápido.
- Algunhas ordes, como “Cancelar ruta”, só están dispoñibles cando hai un destino configurado.
Orde |
Operación |
|
● |
Buscar enderezo |
Busca o enderezo e configúrao como destino. Se desexa buscar un enderezo, diga “Cidade > Rúa > Número” (nesa orde, sen o país). Por exemplo: Vigo, Pizarro, 17 (un sete) |
● |
Buscar POI |
Busca os puntos de interese máis próximos á súa localización. Despois desta orde, pode buscar o nome dunha localización seguindo as indicacións paso a paso. |
● |
Buscar <Categoría> |
Busca a <Categoría> máis próxima á súa localización. Se desexa obter información polo miúdo sobre “Categoría”, consulte a sección da listaxe de “Buscar <Categoría>”. |
● |
Mapa |
Vai á posición actual do mapa de navegación. |
● |
Destinos previos |
Mostra unha listaxe de destinos recentes aos que volver indicando o número da listaxe. |
● |
Información de tráfico |
Accede á pantalla do menú Información de tráfico. |
● |
Ir á casa |
Configura como destino a súa casa. O enderezo da túa casa debe estar configurado no sistema de navegación. |
● |
Ir ao traballo |
Configura como destino o seu traballo. O enderezo do seu traballo debe estar configurado no sistema de navegación. |
● |
Activar indicacións de voz |
Activa o sistema de indicacións de voz. |
● |
Desactivar indicacións de voz |
Desactiva o sistema de indicacións de voz. |
● |
Deter indicacións |
Detén a ruta ao destino configurado. |
● |
Retomar indicacións |
Retoma as indicacións de ruta cara ao destino que configurou. |
● |
Tempo e distancia restantes |
Indica o tempo e a distancia restantes para chegar ao seu destino. |
● |
Opcións da ruta |
Reinicia a ruta ata o seu destino. Despois pode seleccionar “rápida” ou “curta”. |
● |
Vista xeral da ruta |
Mostra un mapa da ruta completa ata o seu destino. |
Outras ordes (ordes empregadas en listaxe/axuda/etc.)
Orde |
Operación |
|
● |
Axuda |
Accede á pantalla de axuda do recoñecemento de voz. Nela pódense identificar e usar todas as ordes dispoñibles. |
□ |
Si/non |
Co recoñecemento de voz activo, esta orde serve para contestar unha pregunta que require confirmación. |
□ |
Liña 1~4 (un-catro) |
Cando non pode seleccionar un nome determinado, por exemplo, no historial de chamadas, pode usar o número da liña na que estea. Pode recoñecer números simples, como “un” ou “dous”. |
□ |
Seguinte/anterior |
Se se enumeran cinco ou máis elementos na busca, pode avanzar á páxina anterior ou seguinte empregando unha orde de voz. |
□ |
Entrada manual |
Cando se mostran os resultados de chamada ou destino, esta orde serve para facer unha procura manual e non mediante unha orde de voz. O recoñecemento de voz detense ao empregar esta orde. |
□ |
Volver |
Volve á pantalla anterior. |
● |
Saír |
Finaliza o recoñecemento de voz. |
Listaxe “Buscar <Categoría>”
A localización de navegación pode mudar despois dunha actualización de software.
Emerxencias |
||
Hospital |
Centro médico |
Farmacia |
Comisaría de policía |
Gasolineira |
Restaurante |
||
Restaurante balcánico |
Restaurante francés |
Restaurante coreano |
Bar ou pub |
Restaurante alemán |
Restaurante español |
Cafetería |
Restaurante internacional |
Asador |
Restaurante chinés |
Restaurante italiano |
|
Comida rápida |
Restaurante xaponés |
Aloxamento |
Transporte |
||
Aeroporto |
Alugueiro de coches |
Estación de ferrocarril |
Estación de autobús |
Estación marítima |
Viaxes |
||
Pasos fronteirizos |
Área de descanso |
Oficina de turismo |
Aparcadoiro |
||
Aparcadoiro disuasorio |
Garaxe |
Aparcadoiro ao aire libre |
Compañías e espazos públicos |
||
Cemiterios |
Centro social |
Correos |
Casa do concello |
Centro de exposicións e congresos |
Escola |
Instalación empresarial |
Parque industrial |
Universidades e facultades |
Recreación e atraccións |
||
Parque de atraccións |
Pista de patinaxe sobre xeo |
Estación de esquí |
Centro da cidade |
Porto deportivo |
Centro deportivo |
Campo de golf |
Museo |
Atracción turística |
Monumento histórico |
Instalación recreativa |
Compras |
||
Supermercado |
Centro comercial |
Bodega |
Banco |
Lecer |
||
Boleira |
Cine |
Vida nocturna |
Casino |
Teatro |
Servizo Hyundai |
||
Servizo Hyundai |
Concesionario Hyundai |