Marcas e licenzas
|
Tecnoloxía sen fíos Bluetooth®
|
A marca denominativa e os logotipos da tecnoloxía sen fíos Bluetooth son marcas rexistradas propiedade de Bluetooth Wireless Technology SIG, Inc.
Navegación
CONTRATO DE LICENZA DE USUARIO FINAL
LEA ATENTAMENTE O SEGUINTE CONTRATO DE LICENZA DE USUARIO FINAL ("CLUF") ANTES DE USAR O SISTEMA DE NAVEGACIÓN.
Isto é un contrato de licenza entre vostede e Hyundai Autoever, CORP. incluídas as súas filiais ("COMPAÑÍA"), relativo á copia da base de datos de mapas navegables da COMPAÑÍA xunto co software asociado, os medios e a documentación impresa explicativa publicada pola COMPAÑÍA (en conxunto, o "Produto"). O Produto é para uso persoal e interno, e non pode revenderse. Está protexido por copyright e está suxeito aos seguintes termos que acordan, por unha parte, vostede, e pola outra a COMPAÑÍA e os seus licenciantes (e os seus licenciantes e provedores) (en conxunto "Licenciantes").
Ao usar este Produto, acepta e está de acordo con todos os termos e condicións deste contrato de licenza de usuario final (“CLUF”). SE NON ACEPTA OS TERMOS DESTE CLUF, DEBE SAÍR INMEDIATAMENTE DO PROGRAMA DE UTILIZACIÓN DO PRODUTO E NON USAR O PRODUTO NIN ACCEDER A EL. Acepta que os dereitos que lle outorga este CLUF poden ser revogados automaticamente se non cumpre con calquera termo ou termos deste CLUF.
Termos e condicións
Para uso exclusivamente persoal. Acepta usar este Produto así como a aplicación autorizada da COMPAÑÍA con fins exclusivamente persoais e non comerciais, tal e como lle foi concedida a licenza, e non para oficinas de servizos, uso compartido ou fins semellantes. Consecuentemente, e coas restricións recollidas nos seguintes apartados, acepta non reproducir, copiar, modificar, descompilar, desmontar, crear traballos derivados destes Datos ou aplicar enxeñaría inversa a calquera parte dos Datos. Non poderá transferilos ou distribuílos, de xeito ningún, e con ningunha finalidade, excepto nos casos permitidos pola lexislación aplicable. Non poderá ceder este CLUF ou calquera dos dereitos ou licenzas que conceda este CLUF, excepto cando a instalación se realice no sistema para o que se creou.
Restricións. Salvo que de xeito específico a COMPAÑÍA lle outorgue a licenza concreta a ese respecto, e sen limitacións ao exposto no apartado anterior, non poderá usar o Produto (i) en ningún produto, sistema ou aplicacións instalados. conectados ou comunicados de calquera outro xeito con vehículos con capacidades de navegación para vehículos, posicionamento, envío, guía de ruta en tempo real, xestión flotas ou semellantes; nin (ii) en comunicación ou con comunicación con calquera dispositivo de posicionamento ou con dispositivos informáticos ou electrónicos de conexión sen fíos ou móbil, incluíndo, entre outros, teléfonos móbiles, miniordenadores ou portátiles, mensáfonos, e asistentes dixitais persoais (PDA).
NON ESTÁN AUTORIZADOS A COPIA OU O USO DO PRODUTO DE CALQUERA FORMA NON PERMITIDA POR ESTE CLUF, E SUPÓN UNHA INFRACCIÓN DO COPYRIGHT SEGUNDO AS LEIS DO SEU PAÍS. SE COPIA OU USA O PRODUTO SEN O CONSENTIMENTO DA COMPAÑÍA, SALVO PARA O QUE CONSENTE ESTE CLUF, ESTARÁ A QUEBRANTAR A LEI E SERÁ RESPONSABLE ANTE A COMPAÑÍA E OS SEUS LICENCIANTES POLOS DANOS OCASIONADOS, E PODERÁ ESTAR SUXEITO A SANCIÓNS PENAIS.
O PRODUTO PODE INCLUIR TECNOLOXÍA QUE GARANTA O CUMPRIMENTO DAS NORMAS DESIGNADAS PARA EVITAR (i) COPIAS NON AUTORIZADAS DO PRODUTO EN MEDIOS DE ALMACENAMENTO FÍSICO OU TRANSFERENCIA A TRAVÉS DE INTERNET OU OUTROS MEDIOS DE COMUNICACIÓN ELECTRÓNICA OU (ii) O USO ILEGAL DO PRODUTO EN DISPOSITIVOS DIFERENTES DOS ESPECÍFICAMENTE AUTORIZADOS. ACEPTA QUE A COMPAÑÍA PODE USAR ESTAS MEDIDAS DE PROTECCIÓN PARA PROTEXERSE A SI MESMA E AOS SEUS LICENCIANTES CONTRA INFRACCIÓNS DE COPYRIGHT.
Cargas. O produto pode dispor de funcións que lle permitan cargar certa información sobre o uso do Produto (en conxunto, “Cargas”) aos servidores da COMPAÑÍA ou recibir outros servizos da COMPAÑÍA (en conxunto, “Servizos”). Se usa estas funcións, estará a autorizar á COMPAÑÍA a conservar as Cargas nos seus servidores. A COMPAÑÍA non está obrigada a proporcionar os Servizos, e pode cambiar a forma e natureza dos Servizos en calquera momento con ou sen notificación previa, sen ter responsabilidade ningunha con vostede en caso de que o Produto ou os Servizos non poidan transmitir as Cargas aos servidores da COMPAÑÍA ou dende estes, e pode deixar de proporcionar calquera Servizo en calquera momento con ou sen notificación previa e non estará obrigada a conservar as súas Cargas (ou calquera outro material que lle proporcione á COMPAÑÍA) nos seus servidores nin a devolverlle as súas Cargas (ou calquera outro material que lle proporcione á COMPAÑÍA) antes de borralas dos seus servidores.
Almacenamento. O Produto pode ofrecer funcionalidades que lle permitan almacenar información (como imaxes) no dispositivo no que estea a usar o Produto. A COMPAÑÍA non terá responsabilidade ningunha con vostede ou con terceiros polos erros que o Produto puidese cometer no almacenamento desa información no dispositivo.
Información persoal. Ao usar o Produto, está de acordo coa recollida, retención e procesamento dos seus datos persoais (incluída a localización do seu dispositivo móbil) por parte da COMPAÑÍA e co almacenamento e procesamento da devandita información persoal en ordenadores situados fóra do país no que vostede resida. A pesar de que COMPAÑÍA tomou medidas destinadas a protexer a súa información para evitar que persoas non autorizadas intercepten, accedan, usen ou revelen información sobre a súa persoa, a COMPAÑÍA non pode eliminar completamente todos os riscos de seguridade asociados á súa información persoal, e non pode garantir que non se accederá aos seus sistemas. Consulte [*] para obter información adicional relativa ao uso que a COMPAÑÍA fai da súa información persoal.
Advertencia. O Produto reflicte a realidade tal e como existía antes de que vostede recibise o produto e inclúe datos e información do goberno e doutras fontes. Polo tanto, o Produto pode conter información imprecisa ou incompleta debido ao paso do tempo, ás circunstancias cambiantes, ás fontes utilizadas e á natureza da recompilación de datos xeográficos exhaustivos do Produto; calquera dos cales pode dar lugar a resultados incorrectos.
O PRODUTO E OS SERVIZOS NON PODERÁN USARSE PARA APLICACIÓNS DE SEGURIDADE DE VIDA HUMANA, NIN PARA CALQUERA OUTRA APLICACIÓN NA QUE A PRECISIÓN E FIABILIDADE DO PRODUTO OU DOS SERVIZOS POIDA DERIVAR NUNHA SITUACIÓN DE RISCO DE LESIÓNS PERSOAIS OU DE MORTE.
NON INTENTE CONFIGURAR O PRODUTO OU INTRODUCIR INFORMACIÓN MENTRAS CONDUCE. NON LLE PRESTAR A ATENCIÓN DEBIDA Á CONDUCIÓN DO VEHÍCULO PODE PROVOCAR A MORTE, LESIÓNS GRAVES OU DANOS Á PROPIEDADE. AO USAR ESTE PRODUCTO, ASUME TODAS AS RESPONSABILIDADES E RISCOS.
Exención de garantía. Proporciónaselle o produto “tal como é” e vostede acepta usalo baixo a súa responsabilidade. DE CONFORMIDADE COA LEXISLACIÓN APLICABLE, A COMPAÑÍA E OS LICENCIANTES NON OFRECEN GARANTÍAS NIN REALIZAN DECLARACIÓN DE NINGÚN TIPO, NIN EXPLÍCITAS NIN IMPLÍCITAS, DERIVADAS DA LEI OU DOUTRO TIPO, RELATIVA, INCLUÍNDO PERO SEN LIMITARSE A: contido, CALIDADE, exactitude, integridade, eficacia, fiabilidade, RENDEMENTO, COMERCIABILIDADE, ESPECIFICIDADE PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR, CONFORMIDADE, utilidade, uso ou resultado que se obterá do Produto, ou que o produto ou o servidor funcionarán ininterrompidamente ou estean libres de erros, OU QUE OS DEVANTIDOS ERROS NO PRODUTO OU A NON CONFORMIDADE COA SÚA DOCUMENTACIÓN POIDAN OU VAIAN CORRIXIRSE. RECOÑECE QUE AS DISPOSICIÓNS DESTA SECCIÓN SON ESENCIALMENTE VINCULANTES E UNHA CONSIDERACIÓN SIGNIFICATIVA PARA QUE A COMPAÑÍA E OS LICENCIANTES CONCEDAN A LICENZA CONTIDA NESTE CLUF E LLE PROPORCIONEN ACCESO AOS SERVIZOS.
Limitación de responsabilidade: A COMPAÑÍA E OS LICENZANTES, DE CONFORMIDADE CO PERMITIDO POLAS LEIS, NON HAN TER RESPONSABILIDADE CON VOSTEDE EN RELACIÓN A: AS RECLAMACIÓNS, DEMANDAS OU ACCIÓNS, Á MARXE DA NATUREZA DA CAUSA DAS RECLAMACIÓNS, DEMANDAS OU ACCIÓNS RELACIONADAS CON PERDAS, LESIÓNS OU DANOS, DIRECTOS OU INDIRECTOS, NOS QUE INCORRAN VOSTEDE OU TERCEIROS, DERIVADOS OU EN RELACIÓN CO USO OU POSESIÓN DO PRODUTO, NIN POR PERDAS DE DATOS, BENEFICIOS, INGRESOS, CONTRATOS OU AFORROS, NIN CALQUERA OUTRO DANO, DIRECTO OU INDIRECTO, ACCIDENTAL, ESPECIAL OU DE DANOS DERIVADOS DO USO OU INCAPACIDADE PARA USAR O PRODUTO, NIN POLOS DEFECTOS DO PRODUTO, NIN POLO INCUMPRIMENTO DESTES TERMOS E CONDICIÓNS, SEXA NUNHA ACCIÓN CONTRATUAL OU POR ILÍCITO CIVIL OU BASEADA NUNHA GARANTÍA, AÍNDA QUE A COMPAÑÍA OU OS LICENCIANTES FOSEN ADVERTIDOS DA POSIBILIDADE DE QUE SE PRODUCISEN OS DEVANDITOS DANOS, E INDEPENDENTEMENTE DA INEFICACIA DAS SOLUCIÓNS LIMITADAS PREVISTAS NESTE DOCUMENTO.
Exclusións. Algunhas xurisdicións non aceptan certas exclusións da garantía ou a limitación ou exclusión de responsabilidade; polo que, nese caso, é posible que a exención anterior non se lle aplique. Na medida en que a COMPAÑÍA non poida, segundo a lexislación aplicable, renunciar a calquera garantía implícita ou limitar as súas responsabilidades, o alcance e a duración da devandita garantía e o alcance da responsabilidade da COMPAÑÍA serán os mínimos permitidos segundo a dita lexislación aplicable. A exención de garantía e a limitación de responsabilidade recollidas neste CLUF non afectan nin prexudican os seus dereitos legais no lugar de adquisición do Produto alén do estipulado na realización dun intercambio comercial.
Avisos de copyright de terceiros. Os datos con obtidos de terceiros están incluídos ou forman parte do Produto, e outórgaselle unha sublicenza dos ditos datos segundo os termos e condicións deste CLUF. A este respecto, non poderá eliminar ou manipular os avisos relativos a dereitos de propiedade intelectual adxuntos ou empregados en relación cos datos subministrados polos Licenciantes.
Contrato completo. Este CLUF é un contrato completo entre a COMPAÑÍA (e os Licenciantes) e vostede en relación ao asunto aquí tratado, e substitúe na súa totalidade calquera outra comunicación e documentación previa, escrita ou oral (incluído, no caso dunha actualización, calquera contrato que se puidese incluír nunha versión previa do Produto) relativa ao asunto en cuestión.
Lexislación aplicable. Este CLUF réxese polas leis da xurisdición na que resida no momento da adquisición do Produto. No caso de que no momento da adquisición do produto resida fóra da Unión Europea ou Suíza, aplicarase a lexislación da Unión Europa ou Suíza na que adquiriu o Produto. Nos demais casos, ou se non se pode definir a xurisdición onde adquiriu o Produto, aplicarase a lexislación da República de Corea. Este CLUF non estará rexido Convención das Nacións Unidas sobre Contratos de Compravenda Internacional de Mercadorías. Os tribunais competentes no seu lugar de residencia no momento da adquisición do Produto terán xurisdición sobre calquera disputa derivada deste CLUF ou relacionada co mesmo, sen prexuízo do dereito da COMPAÑÍA a presentar reclamacións no seu lugar de residencia nese momento.
Control de exportacións. Comprométese a non exportar nin reexportar dende ningures ningunha parte do Produto, de ningunha forma, agás de conformidade coas normas, incluíndo pero sen limitarse, as leis, normas, e regulacións xestionadas pola Oficina de Control de Activos Estranxeiros do Departamento de Comercio dos Estados Unidos e a Oficina de Industria e Seguridade do Departamento de Comercio dos Estados Unidos
Disposicións varias. Se calquera disposición deste CLUF fose ilegal ou non se puidese aplicar, aplicaríase até os límites permitidos e o resto desde CLUF seguiría en plena vixencia e efecto. O feito de que a COMPAÑÍA non leve perante os tribunais a vulneración dos dereitos aquí indicados non constitúe unha exención por parte da COMPAÑÍA do seu dereito a facer valer os seus dereitos en relación coa mesma ou con calquera outra vulneración. Non se realizarán reembolsos ou substitucións se o Produto está danado.
Usuarios finais do Goberno dos Estados Unidos. Se o Produto se adquire por ou en nome do Gobernos dos Estados Unidos ou calquera entidade que busque ou aplique dereitos semellantes aos que habitualmente reclama o Goberno dos Estados Unidos, este Produto e a documentación relacionada son “Artigos comerciais”, tal como se define ese termo en 48 C.F.R. (“FAR”) 2.101. Este Produto e a documentación relacionada autorízanselles aos usuarios finais do Goberno dos Estados Unidos (a) só como “Artigos comerciais” e (b) só cos dereitos que se conceden a todos os demais usuarios finais de conformidades con este CLUF, e cada copia do Produto que se entregue ou se subministre doutro xeito marcarase e incluirase, segundo corresponda, o seguinte “Aviso de uso” e tratarase de conformidade coa dita notificación:
Aviso de uso
Nome do contratista (fabricante/provedor): Hyundai Autoever, CORP.
Este Produto e a documentación relacionada son produtos comerciais segundo a definición de FAR 2.101 e están suxeitos a este CLUF, conforme ao que se proporciona este Produto.
© 20XX Hyundai Autoever, CORP. Todos os dereitos reservados.
Se o funcionario de contratación, a axencia do goberno federal ou calquera funcionario federal rexeitase o uso da lenda aquí proporcionada, o funcionario de contratación, a axencia do goberno federal ou calquera funcionario federal deberán notificarllo á COMPAÑÍA antes de procurar dereitos alternativos ou adicionais sobre o Produto.
Condicións para o usuario final requiridos por HERE. Este Produto emprega datos de mapas cuxa licenza obtivo a COMPAÑÍA de HERE, e os seguintes avisos de copyright aplícanselles aos datos destes mapas (os “datos de HERE”): © 20XX HERE. Todos os dereitos reservados.
Os datos de HERE para as áreas de Canadá inclúen información recompilada co permiso das autoridades canadenses, incluíndo: © A súa Maxestade a Raíña, Soberana de Canadá, a © Impresora da Raíña para Ontario, © Canada Post Corporation, GeoBase.®, © Departamento de Recursos Naturais de Canadá. Todos os dereitos reservados.
HERE ten unha licenza non exclusiva de United States Postal Service® para publicar e vender información de ZIP+4®.
© United States Postal Service® 20XX. United States Postal Service® non establece, controla nin aproba os prezos. As seguintes marcas e rexistros son propiedade de USPS: United States Postal Service, USPS, e ZIP+4.
La Banca Dati Italiana g stata prodotta usando quale riferimento anche cartografia numerica ed al tratto prodotta e fornita dalla Regione Toscana.
Copyright © 20XX; Norwegian Mapping Authority
Fonte: IgeoE – PortugSpain
Información xeográfica propiedade do CNIG
Os datos de HERE para Suecia baséanse en datos electrónicos de © National Land Survey Sweden
Topografische Grundlage: © Bundesamt fr Landestopographie
Os datos de HERE para o Reino Unido conteñen información do sector público con licenza Open Government Licence v1.0 (sobre esta licenza, visite: http://www.nationalarchives.gov.uk/doc/open-government-licence/), unha adaptación dos datos de Office for National Statistics con licenza Open Government Licence v.1.0.
© Survey of Israel data source
© Royal Jordanian Geographic Centre. O requisito de notificación anterior para os datos xordanos é un termo integral do Contrato. Se o cliente ou calquera das súas sublicenzas permitidas (se as houbese) incumprisen estes requirimentos, HERE terá o dereito de revocar a licenza do cliente en relación cos datos xordanos.
Algúns datos de Mozambique foron proporcionados por Cenacarta © 20XX de Cenacarta
Fonte: © IGN 20XX BD TOPO ®
Os datos de HERE para Israel inclúen certos datos da Survey of Israel ("SOI")
"Datos da vista de intersección proporcionados por ZENRIN CO., LTD, Copyright © 20XX[Year], todos os dereitos reservados".
(“O código de localización de Austria foi proporcionado por ASFINAG”)
Copyright da icona de marca
As marcas das empresas que aparecen neste produto para indicar a localización das empresas son marcas dos seus respectivos propietarios. O uso destas marcas neste produto non implica ningún tipo de patrocinio, aprobación ou respaldo por parte das empresas deste produto.
Copyright de Junction View
Datos de Junction View fornecidos por ZENRIN USA, INC. Copyright(C) 20XX, todos os dereitos reservados.
Sobre as actualizacións dos mapas
Pode contactar co seu concesionario HYUNDAI.
Información
Cómpre actualizar con regularidade este produto para instalar funcionalidades novas e actualizar os mapas. Dependendo do tamaño do ficheiro de datos, a actualización pode durar até unha hora.
Desconectar a alimentación ou retirar o USB durante o proceso de actualización pode provocar danos no sistema. Asegúrese de manter o coche aceso e agardar a que remate a actualización.
ATENCIÓN
- Usar un USB non certificado pode provocar danos no sistema por mor de deformacións relacionadas coa calor.
- A garantía do produto non cubre as avarías do causadas polo uso dunha tarxeta non certificada.
- Conectar e desconectar repetidamente o USB nun curto período de tempo pode provocar danos no dispositivo.
Non se poden copiar as bases de datos dos mapas sen permiso.
Aviso de copyright: © 1987 - 2021 HERE.
Queda prohibida a reprodución, modificación e distribución do contido sen a autorización previa por escrito de HERE Technologies e Hyundai Autoever, CORP.