Información xeral
Sobre o USB
Conecte o dispositivo USB após arrancar o motor. O dispositivo USB podería sufrir danos se o conecta antes de arrancar.
- Non se reproducirán os ficheiros que non teñan un formato estándar.
- En canto aos ficheiros MP3/WMA, só se reproducirán ficheiros de música con taxas de compresión entre 8 e 320 Kbps.
- Teña coidado coa electricidade estática cando conecte ou desconecte dispositivos USB externos.
- Os reprodutores MP3 codificados non se recoñecerán cando se conecten como dispositivos externos.
- Cando conecte un dispositivo USB externo, en certas condicións o dispositivo podería non recoñecer correctamente o USB.
- Só son compatibles os dispositivos USB con formato FAT16/32, exFAT e NTFS.
- É posible que non poida usar algunhas memorias USB por problemas de compatibilidade.
- Evite o contacto entre o conector USB e partes do corpo ou obxectos alleos.
- Conectar e desconectar os dispositivos USB repetidamente nun período de tempo curto podería causar un mal funcionamento do produto.
- Insira o dispositivo USB após arrancar o coche. Se o coche arranca co USB inserido, este podería sufrir danos.
- A cantidade de tempo necesaria para recoñecer o dispositivo USB externo pode diferir dependendo do tipo, tamaño e formato dos ficheiros gardados no USB. Estas diferenzas no tempo requirido non indican un mal funcionamento.
- O dispositivo podería non recoñecer o dispositivo USB de usar concentradores USB ou cables prolongadores mercados por separado. Conecte o USB directamente no terminal multimedia do vehículo.
- Cando se instalen aplicacións para USB específicos, os ficheiros poderían non reproducirse correctamente.
- O dispositivo podería non funcionar con normalidade se hai reprodutores MP3, teléfonos móbiles, cámaras dixitais ou outros aparellos electrónicos (dispositivos USB non recoñecidos como unidades de disco portátil) conectados ao dito dispositivo.
- A carga a través do USB podería non funcionar nalgúns dispositivos móbiles.
- O dispositivo podería non funcionar con normalidade se se usa un tipo de memoria USB que non sexa una memoria USB con cuberta metálica.
- O dispositivo podería non funcionar con normalidade se se usan formatos como discos duros, así como memorias CF ou SD.
- O dispositivo non será compatible con ficheiros bloqueados por DRM (xestión de dereitos dixitais).
- É posible que non se recoñezan correctamente as memorias USB que se utilicen ao conectar un adaptador (tipo SD ou tipo CF).
Información dos ficheiros de música
- Frecuencia de mostra: 8 ~ 48 KHz (MP3), 22,5 ~ 48 KHz (WMA), 8 ~ 48 KHz (FLAC)
- Taxa de bits: 8 ~ 320 Kbps (MP3), 20 ~ 128 Kbps (WMA), 8 Kbps ~ 4 Mbps (FLAC)
- Versión de WMA: v2, v7, v8, v9
- Versión de MP3: MPEG 1/2/2,5 Layer 3
- Formato de ficheiro reproducible: “.mp3”/ “.wma”/ “.flac”
Información dos ficheiros de vídeo
- Resolución de vídeo: 1280 x 720 píxeles 30 fps (MPEG-1), 720 x 576p 25 fps (H.263), 1280 x 720 30 fps (H.263), 1280 x 720 píxeles (outros)
- Formato de ficheiro reproducible: “.avi”, “.mpg”, “.mpeg”, “.mp4”.
- Formado de subtítulo: “.smi”,“.srt”
- Códec de vídeo: “MPEG-1”, “MPEG-2 perfil simple; nivel principal”, “MPEG-2 perfil principal; niveis baixo, principal, alto”, “VC-1”,“AVC”, “H.263 perfil 0, perfil 3”, “MPEG4 v3”
- Códec de audio: “MP3”, “WMA”, “AAC”
- Se os nomes dos ficheiros de vídeo e de subtítulos son diferentes, é posible que non se mostren os segundos.
Dispositivos iPhone compatibles:
- iPhone 12 Mini, iPhone 12, iPhone 12 Pro, iPhone 12 Pro Max
- iPhone 11, iPhone 11 Pro, iPhone 11 Pro Max
- iPhone XR, iPhone XS, iPhone XS Max
- iPhone X
- iPhone 8, iPhone 8 Plus
- iPhone 7, iPhone 7 Plus
- iPhone SE
- iPhone 6, iPhone 6 Plus, iPhone 6s, iPhone 6s Plus
- iPhone 5, iPhone 5c, iPhone 5s